Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A veciñanza dá a cara por Corcoesto

A veciñanza dá a cara por Corcoesto
Eu digo non a Corcoesto

A loita continúa a pesar da suposta  cancelación do proxecto, como xa no lo lembraba a tira cómica de Hermanager Producións. E quen teñen claro que esto non rematou son os membros da Plataforma Contramínate, que ademais de valorar o feito de ter creado un gran tecido social, comezaron unha campaña que leva por título "Eu digo NON á mina de Corcoesto".

Xa son máis de 200 veciños os que xa deron a cara, pousaron co carteliño e enviaron a súa foto aos espazos de facebook de Contramínate ou ao grupo Corcoesto: non é todo brillo no ouro. Un xeito de amosar que a sociedade bergantiñá, pequenos, medianos e maiores, está en contra deste proxecto.

A intención da Plataforma é incidir en que o peche do proxecto ten que chegar dado polos problemas mediambientais, e non só financieiros como argumentou a Xunta. Por iso, consideran necesario que a loita continúe para de verdade se prohiba a minería a ceo aberto que emprega cianuro.

Por iso, invitan a todo o mundo a descargar e imprimir o carteliño de "Eu digo NON á mina de Corcoesto" e mandalo a través do FB.

Falan os veciños

E en marcha segue tamén a documental "Tesouro de Corcoesto" que nos vai dexando píldoras do que vai ser, e facendo fincapé do movemento de conciencia social xerado. Así falan os veciños:

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios