Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os opositores á mina denuncian que o alcalde lles volve negar o uso do Auditorio Municipal

Os opositores á mina denuncian que o alcalde lles volve negar o uso do Auditorio Municipal
Auditorio de Cabana de Bergantinos

Os pasados meses de maio e xuño, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños xa denunciar que o Alcalde de Cabana lle denegara o permiso de utilización do Auditorio para a celebración dun acto informativo ata en 10 ocasións. O pasado 14 de outubro a Plataforma solicitou de novo o Auditorio de Cabana para catro datas posíbeis dese mes e do mes de novembro, e a resposta volviu ser un "non", segundo denuncian.

En maio e xuño os motivos aducidos para a denegación do uso deste espacio foron as actividades xa planificadas. Pero segundo sinalan os membros da Plataforma, "desta volta o Alcalde opta polo silencio administrativo e non contesta á solicitude nin a reiteración da mesma que fixemos o pasado 13 de Novembro".

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños demándalle ao Alcalde que "permita o acceso á información á veciñanza de Cabana, segundo o dereito constitucional, e deixe de considerar ao Concello e ás súas instalación coma unha propiedade privada", ao tempo que o califican de "cacique".

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios