Antigos oficios

Nesta España cada vez máis despoboada de oficios mantéñense aínda algunhas profesións eternas e resistentes ao paso do tempo como é o caso do mamporrerismo. Antes, practicábase nos cortellos; hoxe, en platós de televisión, podcats políticos e fíos de Twitter - perdón, X -. O oficio de mamporrero, é un oficio de alta demanda: cada novo líder, partido ou streamer precisa do seu séquito de mamporreros a soldo, ou vocacionais, sempre dispostos para soster o entusiasmo - cal verga de cabalo - cando o ídolo desfalece.

Asentir con convicción, apoiar consignas alleas con aire de pensamento propio e, se é preciso, insultar con fervor patriótico a quen non comulga. O mamporrerismo, constitúe un deporte transversal practicado polos de dereitas, polos de esquerda e polos do centro comercial. Todos teñen a súa chiqueira moral, o seu amo ideolóxico e a súa cota de obediencia rentable.

O mamporrero español moderno cre dicir o que pensa, crese libre, malia que o que difunda o lera tres minutos antes no timeline do seu gurú. Pode chegar a indignarse, mais sempre con permiso. Non teme o ridículo, senón o silencio: deixar de ser útil ao sistema que lle dá de comer likes.

Entre o relincho e o aplauso, nun país onde pensar por conta propia segue a ser un acto de temeridade, España é un poldreiro ruidoso, e os mamporreros abundan máis ca os equinos. O importante é que o corcel exacule a gusto e a euga empreñe.

- O no es así, mayoral?
- Efectivamente.

 

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO