Preservativo, profiláctico, forro, goma, condón
Xa non se fala da profilaxe, ou fálase demasiado, que é case o mesmo. O adolescente de hoxe, tan moderno el co seu teléfono máis listo ca súa cabeza, non sabe se poñer unha gorra do revés - aínda que iso está un pouco demodé - ou un preservativo do dereito - o de poñerse un preservativo tamén soa antigo -. Don Manuel Fraga, nunha conferencia de prensa, e pasando dos setenta anos, dixo que toda a vida dixera verdades sen condón e que tiña pensado morrer sen poñer ningún.
A profilaxe, sustantivo feminino que arrecende a hospital limpo e a prospecto médico, constitue a gran proba de lume da adolescencia: tal vez, a primeira cita co medo. Porque antes do condón ven o rubor, a torpeza, o tremor dos dedos que non saben se abrir o pequeno sobre de aluminio ou pedir auxilio a Google. Google, nai universal desta xeración, máis nai que ningunha, resposta con tutoriais, vídeos e ate memes. A pornografía, ensinou demasiado cedo aos nenos o que a educación sexual xamáis se atreveu a pronunciar.
O adolescente fai uso do profiláctico coma quen usa unha pulseira de festival: non tanto por convicción senón por protocolo. O preservativo non protexe só de enfermidades ou embarazos, protexe da acusación de irresponsabilidade. O que o leva no peto xa aprobou o exame social, a pesar de que logo non o use. É a liturxia preventiva, o talismán urbano, o amuleto da modernez hixiénica.
Podemos ver a profilaxe como a metáfora dun mundo que se vacina contra todo, que se embala ao vacío para non tocarse - aínda que os anuncios da tele din que cada vez, Durex, fainos máis finos -. O preservativo como lema da xuventude blindada que aprende antes a cubrirse que a entregarse. Os vellos poetas falaban da carne trémula, do bico sen medida, do abandono gozoso.
A profilaxe é esa aprendizaxe torpe e necesaria que transforma a primeira vez nun trámite de farmacia, pero tamén nunha ceremonia de iniciación. Entre a risa nerviosa e o medo ao erro, o adolescente descobre que o látex non é só goma: é fronteira, é pacto, é rito. E aínda que se burle e diga que pasa, no fondo aférrase a ese xesto coma quen se aferra a unha certeza no medio do vértigo.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- El Cautivo.
- “Las mujeres que lloran no saben mentir“
- María Pombo ou a mediocridade con filtro
- O oveiro.
- Help the Poor. Eric Clapton, B.B. King
- El joven y el mar
- Unha aperta
- Cen anos de saudade: Corcubión 1923- 2022
- Un pracer
- Vento.
- Ging tonic de campo
- Como comer un coño sen manchar o bigote
- Los ilusionistas
- Domingo.
- Pois iso.
- Antes que nada.
- Apagón.
- Semana Santa
- Urxencias.
- De alcaldesas, virxes, santas, secretarias, monxas e demais herbas que o campo nos dá nesta época do ano
- Cambio de hora.
- De pixama e bata.
- Tristana.
- Un gorrión sentimental.
- Dor de gorxa.
- Os bos polos e os polos bos.
- O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida.
- Bar Sanín, Dende 1954.
- Garganta con arena.
- Federico.
- Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino
- Escribindo tonterías.
- Ceevilla ten unha cor especial.
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez