José Antonio Morante de la Puebla

Tres foron as veces que mudei a temática do artigo desta semana. A actualidade imponse. Onte, Morante, púxolle fin a súa carreira como matador de touros. José Antonio Morante de la Puebla cortóuse a coleta despois de corenta anos no oficio. Aínda seguimos en estado de shock ; tal actuación non estaba anunciada e poderíase dubidar se el mesmo o tería planificado ou, se polo contrario, foi unha decisión que tomou no momento.

A arte do toureo no noso país está en auxe - contrariamente ao que os políticos de turno pretendan facerlle crer a cidadanía a base de empregar enquisas manipuladas e outros burdos recursos - e así o demostran as prazas abarrotadas de persoas de todas as idades que, sen ningún tipo de apoio económico por parte das institucións públicas, mercan a súas entradas para asistir ás corridas. Outros nomes veñen que disiparán a tristeza que os afeccionados padecemos, pero agora non podemos sentirnos máis ca tristes, tanto coma se, en lugar de retirarse, falecera. Tristes e abrumados ao caer na conta de que vai a resultar moi complicado voltar a ver no que nos quede de vida outro xenio similar na materia. O toureo é nobreza, lealtade, compromiso, valentía, honradez, cultura. Morante, é o toureo; o toureo artístico e brillante que non repite unha faena e que instrúe conformando esa escola de vida para o que a queira e teña as destrezas suficientes para aprecialo. Morante abandoou Las Ventas, pero esta vez para sempre, triunfante e pola porta grande. Din os xornais, e os que alí estaban, que o primeiro dos dous últimos touros da súa carreira brindoullo a Isabel Díaz Ayuso e a liberdade. Fíxoo onte, nalgunha hora en sombra da tarde, cando España estaba a festexar a súa festa grande.

 

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO