xoves. 08.05.2025
El tiempo

De intereses xeolóxicos e empresariais

De intereses xeolóxicos e empresariais
Cruce de declaracions entre o Colexio de Xeologos e Contraminaccion

Chegábanos esta semana unha nota de prensa dun membro do Colegio de Geólogos e do IGME (Instituto Geológico y Minero de España). Nela, aseguraba que tiñan realizado un "control xeológico das explotacións mineras que asegura a súa continuidade", deixando ver que o proxecto mineiro de Corcoesto é perfectamente viable.

Hoxe é a Plataforma ContraMINACCIÓN a que "rexeita a tosca manipulación á que se presta o Colexio Oficial de Xeólogos a través do seu presidente, Luis Suárez Ordóñez, apoiando o proxecto mineiro de Corcoesto". Dende a Plataforma denuncian que "o contido da declaración non deixa lugar a dúbidas da súa postura totalmente en liña cos intereses empresariais dos promotores do proxecto, sen que sexa doado distinguir onde comeza a posición do Colexio e onde remata a da empresa".

"Unha primeira manipulación vémola no insistente e falso –en termos científicos– intento de ligar a actividade mineira co concepto de sustentabilidade", unha palabra moi manida e utilizada polas principais entidades contaminadoras do país que fan que perda o seu sentido. "Falar de minaría sustentable ou de “explotación sustentable" dos recursos mineiros é un claro exemplo do que se define como oxímoro", denuncian.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios