Venres. 29.03.2024
El tiempo

Este domingo, estrea a documental “Rosa de Corcoesto”

Este domingo, estrea a documental “Rosa de Corcoesto”
Estrea da Rosa de Corcoesto

Xa presentamos a proposta da documental "Rosa de Corcoesto". Unha proposta para recoller todas as visións que hai na zona, boca a boca, sobre a mina de ouro de Corcoesto.

Este domingo 15 de decembro, o local Social da veciñanza de Corcoesto (escola de Cures) ás 17 h. acolle a estrea da documental, nun acto organizado pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Un proxecto do que está detrás o diario dixital Galicia Confidencial, con Manuel Vilas como guionista e o bo de Xosé Bocixa ao guión, edición e realización. Ambos, xunto ao director de GC, Xurxo Salgado, estarán na estrea.

Segundo os autores “é un mini-documental sobre o conflito en torno ao proxecto dunha macromina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, Cabana de Bergantiños. Foi filmado en outubro de 2013, inmediatamente despois de que a Xunta comunicase que desbotaba, polo menos polo de agora, o proxecto presentado pola canadiana Edgewater.
Dirixido por Xosé Bocixa e con guión deste autor de Cerceda e Manuel Vilas, "Rosa de Corcoesto" céntrase en dar voz aos veciños, tanto aos que están a favor polos postos de traballo prometidos como polos que están en contra polo impacto que terá na parroquia. Producido grazas a unha bolsa iProx do Colexio de Xornalistas.”

Aquí vos deixamos con ela:

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios