xoves. 08.05.2025
El tiempo

Veciños de Cabana entréganlle o Premio Cemento ao seu alcalde

Veciños de Cabana entréganlle o Premio Cemento ao seu alcalde
Vecinos de Cabaan entregando o Premio Cemento ao alcalde no Concello de Cabana

A entidade ecoloxista Verdegaia outurgaba o seu Premio Cemento ao alcalde de Cabana. Un premio "á peor actuación medioambiental do 2013", que simboliza a protesta social pola actitude de apoio do Concello cabanés á mina de ouro de Corcoesto. E se a entidade facía público o premio, os propios veciños e membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños achegábase onte ao Concello para entregarllo en man.

Non tiveron a sorte de seren recibidos polo propio Muíño cando visitaban o edificio municipal co "diploma acreditativo da concesión do premio Cemento", pero si que lle deixaron o premio nas dependencias ademais dun escrito no que se enumeraban as distintas razóns que avalan esta distinción. Entre elas saliéntanse:

  • Non soubo desenvolver a súa labor como Alcalde de Cabana de Bergantiños. En Verdegaia cremos que un bo alcalde debe respectar ás persoas que viven no municipio escoitando as súas inquedanzas, procurando o ben común da súa veciñanza, formándose e asesorándose convenientemente acerca dos problemas do concello, e sendo transparente e ecuánime nas súas actuacións.
  • Non quixo escoitar á veciñanza e deixouse engaiolar polos cantos de serea de Edgewater, empresa canadense que promoveu a mina a ceo aberto de Corcoesto sobre falsas promesas de riqueza e promesas certas de destrución. É deplorable como se puxo do lado dos especuladores canadenses dende o primeiro sen prestar atención á proxectada destrución do patrimonio cultural, ambiental e económico do Concello de Cabana e de toda a comarca de Bergantiños.
  • Resultou moi lamentable –dende a nosa perspectiva Vostede amosou unha actitude caciquil– que dende o concello se recollesen currículos de persoas desempregadas coa promesa dun traballo na mina de Corcoesto. Vostede debería saber (nós cremos que o sabía) que a maioría dos solicitantes nunca serían empregados aínda que o proxecto fose aprobado, e, o que é moito máis grave, que a medio e longo prazo os postos de traballo destruídos ían ser moito maiores que os creados.
  • Semella ridículo e caciquil o seu contumaz xeito de dificultarlle á veciñanza afectada un lugar de xuntanza para falar da mina, e a negativa a facilitar espazos públicos do Concello para que especialistas e persoas expertas informasen sobre o proxecto mineiro, mentres lle deu todo tipo de facilidades á empresa.
Vecinos de Cabana entregando o Premio Cemento ao alcalde no Concello de Cabana 2

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios