Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Edgewater volve á carga coa mina de Corcoesto

Edgewater volve á carga coa mina de Corcoesto
As oficinas de Edgewater estan pechadas-Foto-Economia Digital

Non está de todo tranquila a xente bergantiñá. I é que a sombra da mina de ouro de Corcoesto segue escurecendo o futuro. Segundo informa Economía Digitala empresa promotora, Edgewater volve á carga para sacar adiante un proxecto paralizado o pasado outubro pola Xunta.

I é que a Xunta paralizara o proxecto porque a sociedade “Mineira de Corcoesto” carecía de garantías económicas e financieiras. Dende o pasado marzo, a empresa “céntrase” en conseguir un financiamento que satisfaga as esixencias da Xunta, sen ter en conta todas as protestas presentadas por colectivos medioambientais e veciños.

A empresa asegura nun comunicado que “está centrada en avanzar co proxecto aurífero de Corcoesto”, sen prestar atención a outros proxectos como o de Ghana.

Ademais, a empresa está disposta a demandar á Xunta pola paralización, despois de tela apoiado publicamente, se non se reanuda ou se non recibe unha compensación económica.

Cabana, moi pendente

Cómpre lembrar que o PXOM cabanés aínda inclúe a mina a pesar das protestas veciñais. Por iso, entidades como Salvemos Cabana están “moi pendentes. As instalacións de Edgewater en Bergantiños están pechadas baixo sete chaves, aínda que si que creemos que o movemento debe estar producíndose nos despachos”, sinala o seu voceiro Ramón Varela.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios