Martes. 23.04.2024
El tiempo

Corcoesto celebrou a súa "vitoria" contra a mina

Corcoesto celebrou a súa "vitoria" contra a mina
Xantar Ludico en Corcoesto contra a mina

Fermoso e emotivo o xantar lúdico que armaban as AA.V. de Cereo, Valenza, Corcoesto e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños na carballeira de Santa Mariña esta pasada fin de semana. O punto 0 do proxecto mineiro, Corcoesto, acollía este evento baixo o lema "Polo rexurdir da primavera e o amor à terra".

Un xantar para 200 comensais loitadores, que levan en pé de guerra contra o proxecto mineiro máis de 2 anos, e que quixeron celebrar o que parece a denegación definitiva da mina a pesar de que a empresa Edgewater siga buscando financiamento. Así, a ritmo dos "Versus Cianuro", celebrouse esta "vitoria", pero a sociedade segue "espectante".

Lendo os Versos contra o cianuro

Ademais de persoeiros do tecido asociativo, tamén quixeron deixarse ver os membros de AGE e do BNG. Personalidades como Beiras ou Jorquera asistiron ao xantar.

Así o cazou a TVG:

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios