Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A auga non é tan doce no Gaiás

A auga non é tan doce no Gaiás

Día 22 de marzo, Día Internacional da Auga. E a Xunta propón un enorme despliegue de medios económicos, comunicativos e institucionais a mostra Auga Doce que se inauguraba onte na Cidade da Cultura. Pero non todo parece tan cristalino como o líquido elemento, e dende entidade Contramínate de Laxe, consideran que falamos dunha "mostra que se quere solidaria e reivindicativa e tan falsamente cosmopolita e internacional que nin sequera mira para os conflitos que ten no seu territorio".

Fai referencia, evidentemente, á problemática da minaría a ceo aberto, e máis específicamente do conflito de Corcoesto, no que como sabedes a empresa canadiense Edgewater segue pretendendo aproveitar os recursos hídricos da zona,  a pesar da negativa da Xunta, "facendo desaparecer o regato Lourido, contaminar o Anllóns e, augas abaixo, a ría de Corme e Laxe", segundo denuncian.

Consideran pous que "a exposición é verdadeiramente un evento hipócrita e unha provocación para os colectivos que loitan xustamente pola salvagarda dos bens naturais, e moi particularmente da auga". E por iso lanzan un folleto ingormativo, denunciando a situación:

O comercio da auga, farsa no Gaiás

Chove e vai o río cheo. Cheo dun auga turbia.
Pois mentres que a Xunta denega o permiso de explotación a Edgewater, o alcalde de Cabana de Bergantiños espera que outros veñan para levarse o ouro de Corcoesto.
Non hai ouro para levarse o ouro de Corcoesto- din desde a Consellería de Industria e Minas. Pero quen da máis?
Edgewater aliase cun socio financeiro para retomar o seu proxecto colonial. Chove e mexan por nós. Porque mentres que a Xunta inaugura unha mostra sobre a importancia da auga doce, sobre máis da metade do territorio galego pesa a ameaza da minería a ceo aberto.

Isto é dar unha de cal e outra de area. Hoxe cae unha choiva espesa sobre o Gaiás. Benvidos a esta farsa na Cidade da Incuria: Edgewater, auga límite, é o nome da empresa que fura os montes de Corcoesto. Auga fronteira escribe e dirixe o guión, co obxecto de extraernos as entrañas e a auga. Para abrir esa mina a ceo aberto proponse secar un río e contaminar o Anllóns, as fontes de Corcoesto, Cereo, Valeza e Coristanco, degradando a ría de Corme e Laxe. Esta cobiza non coñece límites. E este é o primeiro capítulo da serie. Baixa o telón.

Unha marea contraminera se ten manifestado contra o espolio da terra o 2 de xuño de 2013. Choveu moito desde aquela. Pero regatos pequenos como o Lourido seguen ameazados de morte. Que fai a Xunta entrementres? Unha homenaxe a auga doce. Ignorando o seu problema, o dos seus ríos. Quere facernos crer que auga pasada non move Muíños.
Que din os seus voceiros?
Augas de Galicia non sabe ou non contesta. Chove miúdo, miudiño. Sanidade e Medio Ambiente están pingando. Chove sobre mollado e non escampa. Edgewater non ten permiso para abrir a mina, pero Edgewater non marcha.
Escoitade os trebóns.
A auga inofensiva tamborila nas ventás das aldeas, corre polas rúas, bate nas prazas e nos portos de mar, ata facerse enchente, marea viva que desborda e rompe balsas de contención.
Non vai haber paraugas nin encoro para detela.

O BNG de Fisterra leva unha moción relativa á auga

Paralelamente, o BNG de Fisterra leva ao pleno unha iniciativa para acordar unha Declaración de Compromiso inspirada nos valores do día Mundial da Auga. O grupo opositor quere impulsar un acordo plenario, en forma de Declaración, para que "o Concello comprométase en facer unha revisión periódica e constante da xestión no aforro e eficiencia no uso dos recursos hídricos e enerxéticos".

E aporta varias ideas básicas:

  • 1. A auga require enerxía e a enerxía require da auga.
  • 2. Os subministros son limitados e a demanda é cada vez maior..
  • 3.O aforro de enerxía é o aforro de auga. Aforrar auga significa un aforro de enerxía..
  • 4.O sector máis pobre da poboación necesita urxentemente o acceso aos Servizos tanto de auga e saneamento como de electricidade..
  • 5. Unha mellor eficiencia no uso da auga e a enerxía é tan imprescindible como son as políticas coordinadas, coherentes e concertadas..

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios