O Pleno de Coristanco pide, por unanimidade, á Xunta anular os dereitos da mina de Corcoesto

Voltaba hoxe ao pleno de Coristanco o polémico asunto da mina de ouro de Corcoesto. Un proxecto que parece finado, unha vez que a empresa canadense Edgewater perdeu os dereitos mineiros depois de que a Xunta denegou a licencia. Pero os grupos da oposición presentaban, instados pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños, unha moción para "Solicitar á Xunta de Galiza, mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto mineiro de Corcoesto.”

A resposta foi unánime, e mesmo o grupo de goberno, un PP tantas veces posicionado a favor do proxecto, votou a favor de solicitar a Xunta a decretar a nulidade dos dereitos da empresa.

Ademais o pleno do Concello de Coristanco, cos votos do PP incluídos, aprobou unha moción do BNG para a dinamización da pequena empresa e o comercio local.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).