Venres. 19.04.2024
El tiempo

A loita contra a mina de Corcoesto estará no Encontro Mundial contra o cianuro

A loita contra a mina de Corcoesto estará no Encontro Mundial contra o cianuro
bang ban cyanide

Anunciábase mundialmente a finais de setembro a campaña “Bang¡ Ban Cyanide”. Unha campaña para loitar contra as minas tóxicas e a minería a base de cianuro en Europa, na que participan 3 colectivos da Costa da Morte, Contramínate, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e Plataforma Salvemos Cabana.

Pois xa está en marcha o primeiro encontro internacional, que será en Bremen. Alí estará a costeira Contramínate, que levará a loita contra a mina de ouro de Corcoesto.

Este encontro pretende artellar unha plataforma a nivel europeo e xa integra a países como Romanía, Grecia, Finlandia, Alemaña, Hungría, Turquía e España. Os representantes das plataformas de afectados pola minería e a megaminería do ouro, como é o caso de Asturias (Tapia de Casariego) e Galicia (Corcoesto) danse cita para tratar de coordinar unha gran alianza europea que funcione como grupo de presión para que a Comisión Europea, representada na figura do Comisario de Medio Ambiente, Karmenu Vela, prohiba o emprego do cianuro no continente, polo perigo que supón para a saúde e os ecosistemas.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios