Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo
plataforma_pola Defensa de Corcoesto e Bergantinos

A loita contra a mina de ouro de Corcoesto continúa espallándose polo mundo, en confraternización con outros centos de proxectos mineiros a ceo aberto que reciben o rexeitamento de boa parte da sociedade. Desta volta a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños intervirá no Parlamento Europeo.

A plataforma foi convidada por Lídia Senra, Deputada da Alternativa Galega de Esquerda en Europa, integrada no GUE/NGL a participar nunhas Xornadas no Parlamento Europeo os días 10 e 11 de Decembro co título de “AS DIFERENTES VIAS DE ACAPARAMENTO DE TERRA NA GALIZA”, esta iniciativa pretende traer a Bruxelas as diferentes formas de acaparamento da terra en Galiza, e dar a coñecer as loitas que en diferentes puntos do país se están levando adiante para impedir a apropiación das terras e dos montes por empresas de todo tipo ou para grandes infraestruturas pensadas en función dos seus intereses. Calquera actuación sobre a terra debe ser a de manter a prioridade de producir alimentos e sustentar o dereito do noso pobo a Soberanía Alimentar.

A actividade en si, será un encontro no que persoas dos diferentes colectivos que explicarán como afecta o proxecto contra o que están loitando sobre a terra ou os montes, ben sexan proxectos mineiros ( Corcoesto, Triacastela, A Limia, O Courel…), ou de especulación urbanística, as grandes infraestruturas, a forestación de terras agrarias, os eólicos, os montes veciñais en man común coa lexislación vixente, as modificacións das leis en Galicia.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios