Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Denuncian en Europa a presencia de arsénico nas augas de mananciais de Corcoesto

Denuncian en Europa a presencia de arsénico nas augas de mananciais de Corcoesto
Mananciais de Corcoesto-Foto-Salvemos Cabana

As concentracións de arsénico nas augas de consumo da parroquia de Corcoesto son anómalas. Alomenos así o entende a Asociación Cova Crea, que acaba solicitar dende Copenhague, á Directora Rexional para Europa da Organización Mundial da Saúde (OMS), Zsuzsanna Jakab, que estudie estes asuntos. I é que oarsénico foi clasificado pola International Agency for Research on Cancer (IARC), como un axente carcinoxénico para humanos con base en estudos epidemiolóxicos que relacionan a inxestión de arsénico na auga de bebida e cancro na pel e estudos ocupacionais que relacionan a exposición ao arsénico e cancro de pulmón.

A entidade recupera datos publicados no 2011, que demostran que concentracións de arsénico en mananciais que subministran auga para o consumo humano e doméstico chegaba a concentracións de 118 mg Ás/L, “tasas moi superiores aos 10 microgramos/litro” recomendando pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Feito ao que hai engadir “a ausencia de medidas sanitarias correctoras por parte das autoridades competentes na materia”. Por iso a entidade conservacionista fixo diferentes peticións á Comisión:

Piden instar ás autoridades locais (Concello de Cabana de Bergantiños), e ás autoridades autonómicas con competencia en materia de Sanidade (Consellería de Sanidad de la Xunta de Galicia), “á toma en consideración deste problema grave de saúde pública que sofre a poboación de Corcoesto, para que se informe debidamente a poboación afectada das consecuencias e efectos derivados do consumo de auga con concentracións anómalas de arsénico”.

Pide paralelamente que “se adopten medidas orientadas a evitar a exposición da poboación citada ao arsénico presente en principio na auga de consumo humano” e que “se estuden os problemas de saúde derivados da exposición prolongada da poboación ao consumo de auga con concentracións anómalas de arsénico, se realice un seguimento da saúde desta poboación”. Así mesmo, esixen “unha análise da composición química e mineral das augas de consumo humano”.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios